23 de abril de 2014

OS GAZAPOS NA PRENSA

A ver se atopas os gazapos agochados nestas noticias dos xornais. ACTIVIDADE INTERACTIVA

TRABALLO ESCRITO

No 3º trimestre imos facer un traballo de investigación sobre os exploradores e descubridores que, ao longo da Historia, fixeron das viaxes o seu modo de vida e, con elas, contribuíron a que a vida das persoas cambiase, para ben ou para mal.
Para poder facelo temos un par de recursos que "O lar de Frianciño" (o blog da biblioteca do colexio Frian) pon á disposición dos usuarios, grazas. INVESTIGANDO NOS DOCUMENTOS e COMO ELABORAR UN TRABALLO ESCRITO Fai clic na imaxe seguinte e accederás a esas presentacións.

4 de febrero de 2014

COCIÑA DO MUNDO

Como imos "polo mundo adiante" buscando tesouros, sitios raros, curiosos, tradicións interesantes, anécdotas curiosas, etc, pois tamén atopamos gastronomía propia nos países que visitamos.
Así coñecemos o sushi, típico de Xapón, e tamén os lamington de Australia. E como somos moi atrevidos, pois decidimos preparalos. Mirade que boa pinta teñen.

PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

Aquí tedes un enlace ao concurso "Preguntoiro científico" que convoca a Fundación Barrié.
Parece divertido, podedes comentarllo aos vosos pais e ver que lles parece. Trátase de buscar un científico/a ou investidador/a famoso/a coas pistas que se van publicando cada semana.
http://www.educabarrie.org/proyectos/concurso-preguntoiro-cientifico-de-educabarrie?!2=!1